Indonesia eleva a 68 os mortos e a 213 os feridos polo terremoto de Flores
Preto de 4.000 persoas permanecen desprazadas mentres continúan as tarefas de busca e rescate
As autoridades de Indonesia elevaron este luns a 68 o número de mortos e a 213 o de feridos polo terremoto de magnitude 7,7 que o sábado sacudiu a costa da illa de Flores, no leste do arquipélago,
A Axencia de Xestión de Desastres Local informou de vítimas mortais en varios distritos da illa: 26 en Manggarai, 24 en Maggarai Oriental, oito en Nagekeo, catro en Sikka, dous en Ende e dous en Ngada.
O terremoto tivo o seu epicentro a 62 quilómetros de Ende, a cidade máis poboada de Flores, e foi seguido por preto dun milleiro de réplicas, moitas delas percibidas pola poboación.
Mentres continúan os labores de busca e rescate, arredor de 4.000 persoas permamencen desprazadas, a maioría en refuxios temporais e outras nas casas de familiares ou coñecidos.
Flores conta cunha poboación apoximada de dous millóns de habitanes e forma pare do chamado Anel de Lume do Pacífico, unha zona de elevada actividade sísmica e volcánica en que se rexistran miles de terremotos cada ano.