Comezan a avistarse carabelas portuguesas en areais de Ferrolterra e na Mariña
De momento non son tantos exexmplares coma o ano pasado, pero lembran que non se poden tocar porque a súa picadura é moi dolorosa
Nunha praia de Cervo avistouse o primeiro exemplar de carabela portuguesa na Mariña de Lugo. Comenta o responsable dos Servizos de Emerxencia de Cervo, Mario Antuña, que en areais de Foz, Cervo e Barreiros xa se atoparon varias e que empezaron a aparecer en Euskadi, Cantabria e Asturias, "e sabiamos que tarde ou cedo chegarían á Mariña".
Estes organismos coloniais con apariencia de falsas medusas son cada vez máis frecuentes nas nosas costas. A pesar de que polo seu aspecto poden resultar vistosas, a súa picadura é moi molesta.
Tamén na praia de Valdoviño, en outros areais de Ferrolterra teñen constancia destas carabelas portuguesas. Indica o responsable dos socorristas deste areal que "comezaron aparecer o domingo e sacamos uns vinte exemplares".
Para evitar males maiores, no caso de que atopen algún exemplar non as toquen e avisen os socorristas.
Os servizos de vixilancia continúan controlando por se chegasen máis exemplares.