Publicador de contidos

Publicador de contidos

A praia de Caranza recupera o acceso completo tras as obras de contención

A praia de Caranza recupera o acceso completo tras as obras de contención

Os bañistas xa poden acceder a toda a praia, que mantén a precaución nas zonas que continúan valadas

G24.gal 19/08/2026 16:01

A praia de Caranza, en Ferrol, recuperou o acceso completo tras os traballos realizados para reparar os danos provocados polas escorrentías do inverno, que afectaron parte do paseo e da área próxima á praia. 

As obras, marcadas por diferentes dificultades e atrasos, incluíron a instalación dunha estrutura de contención con pedras para reforzar a zona. Os traballos prolóngaronse durante os últimos meses e impediron que a actuación estivese rematada ao comezo da tempada de praias. 

Os veciós valoran positivmante o resultado: "Trouxeron pedras e quedou melllor do que estaba", explica un deles, que tamén destaca o traballo realizado para colocar as grandes pedras coa maquinaria. 

A presidenta da Asociación de Veciños de Caranza, Pilar Rodríguez, explica que a instalación de contención xa está rematada, aínda que qudan pendentes as varandas e algúns remates. 

Os bañistas poden xa acceder á totalidade da praia en condicións de seguridade, aínda que se pide precaución nas zonas que permanecen valadas. "A xente aínda non debe pasar por onde está valado por precaución, pero polo menos pódese estar na praia con tranquilidade", sinala Rodríguez. 

A actuación forma parte do proxecto "Abrir Ferrol ao mar", con que está previsto que o barrio de Caranza cone cunha praia urbana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos