Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia lánzase á creación de refuxios climáticos en zonas urbanas

Galicia lánzase á creación de refuxios climáticos en zonas urbanas

Xunta e Concellos confinancian ata 75 proxectos para combater a calor 

O proxecto piloto de Ourense abrirá un corredor verde na avenida Otero Pedrayo

 

G24.gal 19/08/2026 14:36

O refuxio climático da Laracha terá forma de fonte e poderase atravesar. Instalarase nunha céntrica praza e permitirá poñerse a remollo sen malgastar unha soa pinga de auga.

"É un sistema completamente eficiente, con case ningún consumo de auga nun circuíto pechado e con todas as garantías de potabilización", sinala a alcalde da Laracha, Jose Manuel López.

"A fonte ten función ornamental con circuítos e iluminación, pero tamén ten esa función para o xogo e o refresco nos días de verán", engade a arquitecta, Cristina Ezcurra.

Este e outros 74 refuxios contan co apoio dunhas axudas para mitigar os efectos do cambio climático nos núcleos urbanos. Nunha praza de Oroso van reverdecer o acceso ao río Tambre. E na avenida Otero Pedraio de Ourense, toda unha illa de calor, van baixar ata 3 graos a temperatura cun corredor de vexetación.

"Na parte onde non hai arborado vense poñer diferentes especies autóctonas e xardiñeiras. Vaise romper a continuidade do asfalto con zonas de sombra que baixen a sensación térmica eses tres graos. Non é o mesmo estar a pleno sol que baixo unha árbore", explica a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría.

O de Ourense é un proxecto piloto que se podería replicar noutras cidades e vilas do país. A idea é previr riscos e sufocos agora que a calor aperta, sobre todo cando toca camiñar preto do asfalto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade