Publicador de contidos

Publicador de contidos

Granada rexistra 55 tremores este mércores, tres deles sentidos pola poboación

Granada rexistra 55 tremores este mércores, tres deles sentidos pola poboación

A actividade sísmica súmase aos sete movementos rexistrados durante a madrugada e mantense activa a fase de preemerxencia

Europa Press-Arquivo Europa Press-Arquivo
G24.gal 19/08/2026 16:33

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou este mércores 55 movementos sísmicos con epicentro en Granada e na súa área metropolitana, a maioría de baixa intensidade, dos que tres foron percibidos pola poboación. 

Só unha decena dos tremores rexistrados alcanzoron unha intenisdade de dous ou máis graos. Entre os sentidos polos veciños destaca un de mgnitude 2,8 con epicentro en Armilla, rexistrado ás 12:32 horas, e outro de 2,3 en Gójar, ás 10:03 horas. 

Durante a madrugada producíronse outros catro terremotos con epicentro en Otura, Alhendín, Ogíjares e Gójar, con magnitude 1,6 e 2,5. 

Esta actividade chega despois dos sete tremores rexistrados entre a medianoite e a madrugada, case todos percibidos pola poboación,  do terremoto de magnitude 3,4 con epicentro en Ogíjares que se produciu na noite do martes.

A xunta mantén activa a fase de preemerxencia ante o risco sísmico na provincia de Granada, activada tras o terremoto de magnitude 5 rexistrado ás 1:04 horas da madrugada do sábado con epicentro en Alhendín. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar