Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escolas convertidas en vivendas en Xermade, unha forma de atraer traballadores ao rural

Escolas convertidas en vivendas en Xermade, unha forma de atraer traballadores ao rural

Buscan traballadores, pero os que se animan a vir, non atopan onde vivir

Ante a ausencia de oferta privada, o Concello vai rehabilitar dúas escolas unitarias para uso residencial

G24.gal 19/08/2026 16:12 Última actualización 19/08/2026 16:28

Esta escola unitaria situada no concello de Xermade leva 5 anos deshabitada. E o tempo non pasa en balde. É por iso que o Concello pensou nela para tentar solucionar un dos grandes problemas que teñen agora mesmo.

Necesitan traballadores, pero os que veñen non atopan onde vivir, e estas casas cunha pequena reforma estarían habitables, como explica José Prieto Barro, o tenente de alcalde do concello de Xermade.

Vivendas baleiras hai de sobra pero ou ben aínda non están resoltas as herdanzas ou os propietarios teñen medo a poñelas de alugueiro.

Ante a ausencia de oferta privada, o Concello vai rehabilitar dúas escolas unitarias para uso residencial, ata o de agora só se utilizaban como local social para a veciñanza. En Xermade ademais xa teñen algunha experiencia positiva nese sentido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade