Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha vivenda queda calcinada logo de arder durante a madrugada en Moeche

Unha vivenda queda calcinada logo de arder durante a madrugada en Moeche

O lume deu comezo arredor das 02:30 da mañá e volveuse reactivar sobre as 09:45

Non houbo ningún ferido

Imaxe cedida polos Bombeiros do Eume Imaxe cedida polos Bombeiros do Eume
G24.gal 15/08/2026 12:07

Unha vivenda quedou calcinada logo de arder durante a madrugada deste sábado en Moeche, A Coruña. 

O lume deu comezo arredor das 02:30 da mañá e volveuse reactivar sobre as 09:45 horas.

Os Bombeiros do Eume realizan arestora tarefas de extinción contra as lapas.

Asemade, contaron coa colaboración do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Ortigueira e dos efectivos das brigadas forestais. Ao lugar tamén se desprazou a Garda Civil.

Non houbo ningún ferido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade