Avanza sen control o incendio de Huelva, que xa arrasou 20.000 hectáreas
Os lume de Tirig, en Castellón, quedou estabilizado e os desaloxados volveron ás súas casas
A semana empeza con preto de 50 incendios activos en España. O máis grave é o de Niebla, en Huelva, que supera as 20.000 hectáreas queimadas e está descontrolado.
Esta tarde houbo que facer novos desaloxos. A Garda Civil avisa casa por casa as localidades máis cercanas ao lume. Son tres na provincia de Huelva e unha xa na de Sevilla. En total, unhas 700 persoas.
O conselleiro de Emerxencias da Junta de Andalucía asegura que os cambios de vento fan imposible controlar a situación é que os desaloxos son preventivos.
Outro dos grandes incendios activos, o de Segovia, evoluciona mellor, pero aínda non está estabilizado. Nas últimas horas houbo que desaloxar as localidades de Los Ángeles de San Rafael e Vegas de Matute.
O que xa se deu por estabilizado é o incendio de Tirig, en Castelló, que leva tres días activo e queimou preto de 800 hectáreas. Todos os evacuados regresaron xa ás súas casas e a UME empezou tamén a retirada.
Son os incendios máis graves dos preto de medio cento que están activos en España, todos, menos o de Niebla, baixo control.