Extinguido o incendio en Rodeiro tras queimar 26 hectáreas
O lume afectou 15 hectáreas de monte arborizado e 11 de superficie rasa
O de Carboentes continúa controlado
EuropaPress
O incendio forestal da parroquia de Arnego, en Rodeiro (Pontevedra), quedou extinguido este luns tras afectar 25,72 hectáreas, mentres que o de Carboentes, no mesmo municipio, continúa controlado.
O lume de Arnego iniciouse o sábado pola tarde e quedou exinguido ás 21:47 horas do luns. Do total da superficie afectadada, 14,74 hectáreas eran de monte arborizado e 10,98 de monte raso.
Para a súa extinción mobilizáronse 19 axentes, 29 brigadas, 21 motobombas, dúas pas, catro helicópteros e dous avións.
O incendio de Carboentes, iniciado tamén o sábado, permanece controlado desde o domingo e afecta provisionalmente unhas 20 hectáreas.
Ademais, o lume declarado en Baltar (Ourense) quedou extinguido o luns, tras queimar 138,82 hectáreas. Outro conato en Calvos de Randín afectou 0,01 hectáreas dentro do Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés.