Publicador de contidos

Publicador de contidos

A néboa obriga a desviar dous voos no aeroporto da Coruña

A néboa obriga a desviar dous voos no aeroporto da Coruña

Un voo procedente de Madrid regresou a Baraxas e outro, procedente de Milán, foi desviado a Vigo 

G24.gal 11/08/2026 10:49

A baixa visibilidade provocada pola néboa obrigou a desviar este martes dous voos no aroporto coruñés de Alvedro. 

Segundo confirmaron fontes de Aena, un voo procedente do aeorporto Adolfo Suárez Madrid-Baraxas tivo que regresar ao aeródromo madrileño ante as condicións meteorolóxicas.

Outro voo que partira de Milán con destino á Coruña tamén foi desviado pola escasa visibilidade e finalmente aterrou no aeroporto do Peinador, en Vigo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade