Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aeroporto Tenerife Norte recupera a normalidade tralo desaloxo por fume nas zonas de embarque

O aeroporto Tenerife Norte recupera a normalidade tralo desaloxo por fume nas zonas de embarque

As zonas de embarque dos voos nacionais e interinsulares tiveron que ser desaloxadas na mañá do domingo

O fume foi provocado por un erro no sistema de ventilación.

G24.gal 26/04/2026 21:12

O aeroporto de Tenerife Norte recuperou a normalidade tras unha incidencia con fume na zona de embarque na mañá do domingo.

O suceso obrigou a desaloxar de forma preventiva as areas de embarque dos voos nacionais e dos voos entre as illas do arquipélago, que están situadas na planta alta e na planta baixa do aerorporto.

O problema debeuse a un erro no sistema de ventilación, que foi cualificado como leve.

A intervención dos bombeiros permitiu controlar a situación sen danos persoais. O incidente provocou atrasos e momentos de incerteza entre as persoas viaxeiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade