Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo altercado cun borracho nun avión: un home ebrio obriga a desviar un voo sobre o Pacífico

Novo altercado cun borracho nun avión: un home ebrio obriga a desviar un voo sobre o Pacífico

Un cómico australiano fai viral a secuencia dun pasaxeiro bébedo que tivo que ser desaloxado en Tahití

Viaxeiros bebidos ou drogados causan ducias de desvíos ou aterraxes imprevistos por todo o mundo

Os capitáns poden impedir o acceso de persosas susceptibles de provocar problemas nas aeronaves

G24.gal 19/05/2026 14:41

Sobe un borracho a un avión e... Non, non é un chiste, aínda que desta volta sexa o relato dun coñecido cómico australiano. O humorista Mike Goldstein gravou a secuencia dun home bébedo que discute coa tripulación dun voo entre Melbourne e Dallas e que tivo que ser reducido en pleno traxecto. O avión acabou por aterrar en Tahití para que o protagonista fose arrestado.

El estaba tan confuso que chega a preguntar se están no aire. Nas redes, si. Hai ducias de casos gravados por viaxeiros. Persoas que perden o control, a maioría das veces baixo os efectos do alcol ou das drogas, e provocan altercados cos outros viaxeiros e cos tripulantes da cabina. Como nun barco, a responsabilidade última é da capitá ou do capitán. Eles poden impedir que unha persoa susceptible de causar problemas suba á aeronave.

Ducias de casos

Pero, unha vez no aire, a situación non sempre é fácil de xestionar. Con frecuencia non queda outro remedio que desviar o voo para desaloxar un ou varios viaxeiros. Pasou hai uns días nun avión que conectaba Bogotá con Madrid, e que tivo que regresar a Colombia, ou con outro que saira de Marrocos rumbo a España e tivo que parar en Fez. Tamén en Toulouse, en Francia, onde aterrou un avión que ía de Londres a Alacante para que detivesen un grupo de homes que viaxaba a unha despedida de solteiro. Segundo algunhas testemuñas, xa empezaran a dar problemas antes da engalaxe.

Nun caso así, os outros viaxeiros poden chegar a pedir unha compensación. A aeroliña ten que demostrar que fixo todo o posible para evitar os incidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade