Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia afronta a operación saída de agosto con máis de 800.000 desprazamentos

Galicia afronta a operación saída de agosto con máis de 800.000 desprazamentos

A DXT estima 5,6 milóns de viaxes por estrada en España ata o domingo 

Europa Press - Arquivo Europa Press - Arquivo
G24.gal 31/07/2026 08:54

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) pon en marcha este venres a segunda fase da operación especial de verán, coincidindo coa chegada de agosto, o mes con maior mobilidade do ano. Ata o domingo prevé 5,6 millóns de desprazamentos por estrada en toda España, dos que arredor do 15 % terán Galicia como orixe ou destino. 

A maior intensidade de circulación concentrarase nas saídas das grandes cidades e nas vías cara aos destinos turísticos, ao coincidiren os desprazamentos de quen inicia as vacacións cos de quen regresa e cos movementos habituais da fin de semana. Ao longo de todo o mes de agosto espéranse 54,5 millóns de viaxes de longo percorrido. 

Máis trens, voos e elevada ocupación 

A operación saída tamén se deixará notar no transporte público, nun contexto marcado polo encarecemento dos carburantes, que esta semana alcanzaron o seu prezo máis alto desde maio de 2024. Renfe reforzará a súa ofera e aumentou as prazas e as conexións con Galicia, mentres que entre o venres e o domingo están programados máis de 22.600 voos na rede de Aena. 

O sector turístico afronta outro agosto de máxima actividade, con previsións de alta ocupación hoteleira e un incremento das conexións aéreas. Segundo as estimacións do sector, o norte peninsular, volverá situarse entre os destinos con maior crecemento de visitantes durante este verán.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade