Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias, Ana Peleteiro e Mario Casas, os compañeiros ideais de viaxe para os galegos

Borja Iglesias, Ana Peleteiro e Mario Casas, os compañeiros ideais de viaxe para os galegos

Combarro é o destino que recomendarían aos seus acompañantes famosos, segundo unha enquisa de BlaBlaCar 

G24.gal 04/08/2026 11:27

O futbolista Borja Iglesias, a atleta Ana Peleteiro e o actor Mario Casas son os compañeiros de viaxe ideais para os galegos, segundo a sexta edición da enquisa anual da plataforma de viaxes compartidas BlaBlaCar.

Case o 36 % dos participantes escolleu o dianteiro da selección española, mentres que o 30 % optou por Ana Peleteiro e o 26 %, por Mario Casas. O actor Martiño Rivas e a empresaria Marta Orega completan os primeiros postos da clasificación. 

No ámbito político, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o favorito para compartir coche, por diante de Albrto Nuñez Feijóo e Yolanda Díaz. 

En canto aos lugares que os galegos ensinarían aos seus acompañantes, Combarro ocupa o primeiro posto, seguido da Illa de Arousa e Allariz, segundo os resultados da enquisa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade