Doces con sabor galego para Shakira
A nova xira da colombiana ole a croissant Waka Waka, creado para a ocasión
A pastelería Habarizo da Coruña trasladou o seu obradoiro a Madrid durante o mes que duran os concertos
Ten que elaborar bolería e preparar café para máis de 600.000 persoas
Actividade frenética durante toda a fin de semana. O obradoiro da pastelería coruñesa Habarizo trasladouse a Madrid, ao Macondo Park, porque eles son os que están a poñer a guinda ao pastel neste tour latino de Shakira. Á fronte da expedición, Pablo Morales, quen creou para a ocasión un croissant bautizado como Waka Waka, unha homenaxe á cantante e un agradecemento pola oportunidade de participar nun evento desa magnitude.
"Trouxemos a nosa experiencia Veracruz. Fixádevos, así, primeiras probas, croissant Waka Waka, que é un croissant de manteiga cunha crema de millo ao forno, unha emulsión de guaiaba e queixo crema, glaseado de mango quente para que caramelice con xelatina e reladura de lima", explica Pablo Morales quen dirixe a pastelería Habaziro
Serán en total 12 concertos, que se celebrarán ata o 11 de outubro, e os desta fin de semana foron a proba de lume para o equipo de Habarizo. Tiveron que fornear toda a bolería e preparar café colombiano para máis de 150.000 persoas. En total pasarán pola residencia de Shakira máis de seiscentas mil e todas poderán degustar a nova larpeirada made in Galicia.