A odisea de mercar billetes de Renfe en Galicia
A operadora mantén bloqueada a venda de asentos entre A Coruña e Vigo a partir do 30 de setembro e tampouco se poden reservar prazas para o Nadal
Os usuarios piden rematar coa incerteza para poder organizar o seu día a día
Unha incidencia na catenaria en Padrón causa atrasos na liña Santiago-Vilagarcía
Marcha o tren e nel a paciencia dos usuarios. Queixas xeralizadas de milleiros de clientes nas estacións de ferrocarril galegas. Intentar planificar unha viaxe con Renfe a medio e longo prazo é agora mesmo unha lotaría. Quen intente mercar un billete entre A Coruña e Vigo atoparase cun muro. A web só permite mercar ata o 30 de setembro.
Pero o problema vai máis aló do día a día. Mirando a longo prazo, a situación complícase para as datas máis críticas co ano. Planificar a volta á casa por Nadal desde Madrid ou nas frecuencias internas de media distancia, complícase. Renfe só permite reservar asento ata o 13 de decembro.
Detrás desta apagada nas vendas atópase o habitual quebracabezas para reorganizar frecuencias e as constantes obras na rede galegas. Nas estacións imponse a resignación.