Publicador de contidos

Publicador de contidos

De 9 segundos en Viana a casi 2 minutos no norte: así será a eclipse en Galicia

De 9 segundos en Viana a casi 2 minutos no norte: así será a eclipse en Galicia

Un total de 143 concellos galegos quedarán dentro da franxa de totalidade

Haberá grandes diferenzas na duración segundo a localidade 

Xunta Xunta
G24.gal 11/08/2026 10:02 Última actualización 11/08/2026 11:23

A eclipse solar total do próximo 12 de agosto deixará ás escuras 143 dos 313 municipios de Galicia, pero non todos o vivirán durante o mesmo tempo. A duración da totalidade variará desde apenas nove segundos en Viana do Bolo aa case dous minutos en localidades do norte como Burela ou Ribadeo. 

Por provincias, Lugo concentra o maior número de concellos dentro da franxa de totalidade, con 66, seguida de A Coruña, con 59, e Ourense, con 15. En Pontevedra, o eclipse total só será visible en tres municipios. 

De nove segundos a case dous minutos en Ourense e Lugo 

Viana do Bolo terá a eclipse total máis breve de Galicia: só nove segundos, entre as 20:30:04 e as 20:30:13 horas. En A Teixeira serán 17 segundos, mentres que Castro Caldelas alcanzarça os 23 e Manzaneda, os 31. 

Na zona de Valdeorras, a eclipse superará o minuto en Rubiá, Carballeda e O Barco. 

En Lugo tamén haberá grandes diferenzas. En Soer a totalidade durará 18 segundos e en Pantón, 25. No norte da provincia, en cambio, Burela e Ribadeo chegarán ao minuto e 49 segundos, a maior duración de Galicia. Barreiros, Foz, Cervo e Xove terán un segundo menos. 

Mañón será o primeiro punto da totalidade

Na provincia da Coruña, Mañón, onde se atopa o cabo de Estaca de Bares, será o primeiro municipio galego en entrar na franxa de totalidade, ás 20:27:31, e contará con un minuto 47 segundos de eclipse total. 

Tamén no norte coruñés, Cariño terá unha totalidae de 1 minuto e 44 segundos e Ortigueira, de 1 minuto e 43, Na cidade da Coruña durará un minuto e 16 segundos, a partir das 20:28:13. 

Só tres concellos en Pontevedra 

En Pontevedra, a franxa de totalidade será moito máis reducida. A eclipse durará 13 segundos en Rodeiro, 20 en Vila de Cruces e 35 en Agolada, todos eles a partir das 20:29 horas. 

Así, Galicia ofrecerá o día 12 unha ampla variedade de experiencias para observar a eclipse. Desde poucos segunos de totalidade no interior de Ourense ata os case dous minutos que poderán desfrutar os municipios no norte de Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade