Publicador de contidos

Publicador de contidos

Para observar a eclipse, mellor planificar e evitar imprevistos

Para observar a eclipse, mellor planificar e evitar imprevistos

Hai ferramentas dixitais que axudan a escoller o mellor punto de visualización sen ter que realizar grandes desprazamentos, e que indican se un edificio, unha montaña ou unha árbore taparán o Sol

App con tecnoloxía de Realidade Aumentada e geolocalización a través de la cámara do móbil
G24.gal 10/08/2026 15:10

Un acontecemento único coma este, non debería deixar marxe ningunha á improvisación. Pero quedan 2 días e aínda hai quen non sabe onde vai ver a eclipse.

"Estamos decidindo se praia ou montaña", "Temos varias alternativas, estamos en Muros na costa e ir andando a un alto que hai preto e vela dende alí ou ir á praia, cousas así". "Non sei a verdade é que non teño planeado nada, a fluir co que sexa". "Xa alguén mo dirá, non hai problema, non estou agobiada". "Non está mirada fixo a zona pero algo está visto".

"Eu creo que pola Coruña, xa pasaremos alí a tarde e unha horiña antes que empeze o eclipse total xa iremos á praia e creo que é moi bonito velo dende aí". "O noso plan é despois da camiñata da etapa do camiño pois buscar un sitio interesante para vela". "A verdade é que non mirei nada, non mirei nada pero haberá que mirar non vaia ser ir para alí para nada", contan varias persoas

Calquera cousa pode botar ao traste os plans, nun día ademais en que a mobilidade vai ser intensa e lenta. Á hora de tomar unha decisión axuda ter ferramentas coma esta coa que podemos previsualizar o punto exacto do horizonte en que a Lúa ocultará o Sol.

"A probabilidade que haxa unha árbore, un edificio, calquera cousa que che oclúa xusto nese momento culmen da visualización pois con esta aplicación podes ver, facerte unha idea cun rango obviamente aproximado duns metros, pois nesta zona teño visión directa ou non", apunta Antonio Varela Nieto, director de tecnoloxía de Testa Technólogies

Accédese a ela directamente a través do navegador sen necesidade de descargas e con toda a información necesaria.

"E a parte máis interesante é a zona de escaner. Directamente abriría a cámara do móbil e cunha sobre exposición con realidade aumentada podería ir buscando cun sistema de guías que lle vai ir guiando cara onde debería apuntar para poder vela eclipse e fará diana no momento exacto onde vai haber o día 12, no momento xusto, culmen da eclipse onde debería estar o sol máis ou menos", explica o enxeñeiro.

Para os que non queren ou poden desprazarse sempre teñen o plan B.

"Teño pensado vela na televisión". "Pola Galega, a Galega ante todo ehh", apuntan na rúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar