Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia poderá gozar esta noite dunha eclipse parcial de lúa, se as nubes o permiten

Galicia poderá gozar esta noite dunha eclipse parcial de lúa, se as nubes o permiten

Un 93 % do diámetro do noso satélite natural estará eclipsado pola sombra da Terra

Arquivo /Europapress Arquivo /Europapress
G24.gal 27/08/2026 08:40

Na madrugada do venres día 28 vai ter lugar unha eclipse parcial de lúa que alcanzará a máxima ocultación ás 6:13 horas. Este será o último fenómeno astronómico relevante deste mes de agosto, despois da eclipse solar do pasado día 12 e das Perseidas na noite seguinte.

Trátase neste caso nunha eclipse parcial de kuna á que lle faltará moi pouco para ser total, de feito no máximo da eclipse (6 horas e 13 minutos) un 93 % do diámetro do noso satélite natural estará eclipsado pola sombra da Terra.

Unindo as tanxentes interiores aos discos solar e terrestre formará o chamado cono de penumbra, que se vai abrindo, "en tanto que se facemos o mesmo coas tanxentes exteriores temos o cono de sombra que ao contrario que o outro se vai pechando", sinala o profesor Docobo.

Se cortamos estes dous conos cun plano perpendicular, a liña que une os centros do Sol e do noso planeta, obtéñense dous círculos polos que vai pasar a Lúa.

Neste caso, a Lúa comezará a entrar ás 3:25 horas no cono de penumbra e ás 4:34 horas farao no cono de sombra, comezando neste intre a eclipse parcial. Esta fase durará ata as 7:51 horas, tendo lugar a máxima ocultación ás 6:13 horas. Finalmente, e seguindo unha secuencia simétrica, a Lúa abandonará o cono de penumbra ás 9:01 horas, dando por finalizado a eclipse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade