Publicador de contidos

Publicador de contidos

Toda a información sobre a eclipse na canle FAST da CSAG, coas xornadas 'New Frontiers in Cosmology' da UDC

Toda a información sobre a eclipse na canle FAST da CSAG, coas xornadas 'New Frontiers in Cosmology' da UDC

G24.gal 11/08/2026 08:36 Última actualización 11/08/2026 08:51

A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) continúa ofrecendo, a través de AGalega.gal e YouTube, unha canle FAST especial dedicada á eclipse total de Sol, que emite de maneira ininterrompida durante 72 horas, desde onte, luns 10, ata o mércores 12 de agosto.

Esta nova canle dixital ofrece unha programación pensada especificamente para este acontecemento, con directos, entrevistas, divulgación científica, reportaxes, videopódcast, documentais e ficción arredor da astronomía e da exploración espacial.

Un dos seus grandes contidos será a retransmisión en exclusiva das xornadas internacionais 'New Frontiers in Cosmology', que reunen na Coruña especialistas de prestixio internacional.

Nesta xornada de martes, a un día xa de que se produza o fenómeno astrolóxico, no Reitorado da Universidade da Coruña continúan as charlas e os debates en torno a este fenómeno excepcional, e que reúne máis de 250 investiadoes de referencia internacional, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley (California), a Fundación Simons e a propia Universidade da Coruña (UDC).

O reitor da UDC, Ricardo Cao, lembraba, na inauguración deste luns, o momento relevante que está a vivir a cosmología, na que, grazas ás altas capacidades de observación, os grandes volumes de datos e as técnicas computacionais, están a exporse novas preguntas sobre o universo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade