Cargando resultados...
A CSAG chega a un acordo con Warner Bros para levar ás plataformas Harry Potter en galego
O público do Festival de Cine Fantástico Lóstrego que se celebra na Coruña desfrutou da primicia
G24.gal
03/09/2026 20:40
Escoitamos o mago máis afamado de Hogwarts falar galego. Unha primicia da que desfrutou o público do Festival de Cine Fantástico Lóstrego que se celebra na Coruña. Quen a viu comenta:
"Traduciron toda a pista, os sons de fondo, as conversacións. ë algo que non se fai en todas as traduccións e queda moi ben".
"Harry Potter sempre me pareceu que tiña unha voz demasiado madura e é un neno, un neno moi pequeno. Aquí é máis natural".
Unha versión dobrada ao galego que proximamente estará dispoñible nas plataformas de Warner Bros Discovery grazas ao acordo ao que chegou esta casa, a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, con Warner Bros.