Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liderado da CSAG na cobertura que todos os seus medios fixeron da eclipse

Liderado da CSAG na cobertura que todos os seus medios fixeron da eclipse

A TVG liderou en Galicia a retransmisión televisiva do fenómeno

AGalega acadou o seu máximo diario de usuarios do ano, con máis de 54.000, e G24.gal achegouse ás 100.000 vistas nunha única xornada

G24.gal 13/08/2026 13:22

A cobertura da eclipse mobilizou este mércores televisión, radio e plataformas dixitais da CSAG nun amplo despregamento ao longo de toda a xornada. Na TVG, a programación foi monográfica, con especiais informativos e programas realizados desde exteriores, numerosos puntos de directo, sinais externas, drons e conexións desde diferentes lugares de Galicia.

O Faro de Mera, en Oleiros, foi o centro da emisión da tarde, cun plató exterior desde o que Sabela Romar e Pablo Muñoz conduciron o especial durante a fase decisiva da eclipse. A TVG liderou en Galicia a retransmisión televisiva do fenómeno.

A cobertura completouse ao mediodía coa programación conducida por Raúl Quian e Marta Darriba e coas dúas edicións de Hora Galega, con Ribadeo como un dos principais puntos da xornada. O broche final chegou coa emisión do Eclipse Fest.

O despregamento estendeuse tamén a AGalega, G24.gal, AGalegaAudio, YouTube, a canle temática sobre a eclipse e a experiencia multicámara. AGalega acadou o seu máximo diario de usuarios do ano, con máis de 54.000, e G24.gal achegouse ás 100.000 vistas nunha única xornada.

A retransmisión en YouTube de Eclipse+ sumou 3.979 reproducións e xerou 205 novas subscricións á canle, ampliando o impacto da cobertura máis alá do consumo en directo. As redes sociais tamén axudaron na difusión do fenómeno: o propio día 12 unha soa publicación rebasou as 270.000 repruduccións. s

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade