Unha muller sofre queimaduras tras incendiarse a súa vivenda en Padrón
As lapas calcinaron un cuarto e o resto da vivenda quedou afectada polo fume
Imaxe cedida polo GES de Padrón
Eran as 2:30 da madrugada cando o 112 Galicia recibiu o aviso dun incendio nunha vivenda situada na Praza das Macías, en Padrón. Os alertadores explicaron que ardía o ático e que podía haber persoas afectadas.
Os servizos de emerxencias rescataron unha muller que nese momento estaba soa no interior da vivenda. Confirmaron que sufrira queimaduras a consecuencia do incendio.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Boiro e o GES de Padrón. Tamén se informou aos Bombeiros de Ribeira.
As lapas calcinaron un cuarto e o resto da vivenda quedou afectada polo fume.