Morre un home no incendio da vivenda abandonada na que vivía en Foz
A vivenda estaba abandonada, pero a victima acubillábase nela
Un home morreu este xoves nun incendio nunha vivenda en Foz, en Lugo, segundo informa 112 Galicia.
Ao redor das 22.00 horas, varias persoas reportaron un incendio nunha vivenda situada na Avenida do Viveiro. Quen chamou explicaron que podería haber unha persoa dentro, pero non puideron confirmalo nese momento.
Inmediatamente, o Centro Integrado de Atención de Urxencias solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias Galegas-061, os Corpos de Bombeiros de Barreiros e Viveiro e a Garda Civil. Tamén se informou aos voluntarios de Protección Civil de Foz.
Pouco despois das 23.00 horas, os bombeiros informaron que tiñan o incendio baixo control. Unha vez extinguidas as chamas, localizaron ao falecido no interior. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
A vivenda estaba abandonada, pero a victima acubillábase nela.