O Uruguai decreta a alerta vermella por un ciclón extratropical que deixa un morto
As autoridades prevén refachos de máis de 120 quilómetros por hora na franxa costeira e limitan a mobilidade
O Goberno do Uruguai decretou a alerta vermella ante a chegada dun ciclón extratropical que afectará especialmente á franxa e a suspensión das actividades non esenciais nas zonas afectadas. O operativo do Sistema Nacional de Emerxencias concentrarase en varias localidades dos departamentos de Canelones, Maldonado e Rocha.
O temporal xa deixou unha vítima mortal. Trátase dun home que faleceu tras ser alcanzado por un raio na localidade de Tupambaé, no departamento do Cerro Largo.
Ademais, o ciclón provocou a caída de árbores e cortes na subministración eléctrica que efectan uns 32.000 fogares, especialmente nos departamentos de Rivera, Paysandú e Lavalleja. As autoridades reunirán este venres a Xunta Nacional de Emexencias para avaliar a evolución da situación.