Publicador de contidos

Publicador de contidos

O primeiro whisky destilado e envellecido integramente en Galicia prodúcese en Vedra

O primeiro whisky destilado e envellecido integramente en Galicia prodúcese en Vedra

 Está elaborado con cereais galegos e prodúcese de xeito artesanal

A primeira edición chega ao mercado cunha tiraxe limitada de só 50 botellas

G24.gal 07/11/2026 13:43

Nesta destilería de San Miguel de Sarandón, en Vedra, prodúcese o primeiro whisky destilado e avenlletado integramente en Galicia. Elabórase con cebada, centeo e trigo do país. O destilado avellenta durante dez anos en barricas de carballo galego, usadas antes para madurar viños tintos. É unha técnica que o mestre destilador Pepe Albela aprendeu de destilerías artesanais en Irlanda.

"Coñecín alí whiskys que xa se esaban envellecendo en barricas de viños tintos. Pareceume súper curioso e moi deiferenciador e foi cando me veu á mente a posibilidade de non só facelo con cereais galegos senón tamén traelo a Galicia  a través de envecellemento en barricas de viños tintos, neste caso galegos", explica o mestre destilador Pepe Albela.

O whisky ten unha graduación próxima aos 65 graos. A primeira edición, limitada, consta de só 50 botellas, cun prezo de 400 euros cada unha. A intención de Pepe Albela é consolidar a produción e darlle ao whisky galego unha proxección internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade