Restablecida a circulación de trens Santiago-Ourense tras suspenderse por un incendio próximo á vía
Imaxe da vías ferroviarias co lume próximo en Trasalba
Un incendio forestal na parroquia de Trasalba obrigou a suspender a primeira hora da tarde deste xoves a circulación da liña convencional de trens entre a capital ourensá e Santa Cruz de Arrabaldo debido á súa proximidade coa infraestrutura ferroviaria.
Tras controlarse o lume, a circulación xa quedou restablecida. Fontes da Consellería do Medio Rural explicaron que o incendio, que afecta a 0,19 hectáreas, orixinouse ás 13:42 horas e xa foi controlado sobre as 16:35 horas.
Nos labores de extinción traballaron ata o momento catro axentes, catro brigadas, tres motobombas, un helicóptero e catro avións
Adif informara previamente nas súas redes sociais da suspensión da circulación entre Ourense e Santa Cruz de Arrabaldo polo incendio.
🔥Por un incendio próximo a la infraestructura, se suspende la circulación entre Ourense y Santa Cruz de Arrabaldo. Afecta al tramo de ancho convencional Santiago de Compostela-Ourense.
— INFOAdif (@InfoAdif) August 6, 2026
Equipos de extinción no incendio que suspendeu o tren entre Santiago e Ourense