Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega ao Parlamento a lei galega de educación dixital, que entrará en vigor en 2027

Chega ao Parlamento a lei galega de educación dixital, que entrará en vigor en 2027

O anteproxecto de lei inicia a súa tramitación parlamentaria tras recibir o visto e prace do Consello da Xunta

A norma permitirá usar a IA como unha ferramenta de apoio na aulas

Sigue o pleno en G24.gal

 

directo
G24.gal 22/09/2026 07:00

O Parlamento galego inicia este martes a tramitación da futura Lei de Educación Dixital de Galicia, que pretende establecer o marco xeral para regular a transformación dixital do sistema educativo galego.

O texto pretende reducir a fenda dixital, garantir un acceso equitativo á tecnoloxía e establecer condicións para o uso nas aulas da Intelixencia Artificial (IA). A previsión é que estea implantada en 2027.

O debate de totalidade terá lugar no pleno que se celebrará este martes, no Pazo do Hórreo, a partir das 10:00 da mañá. Poden seguir a sesión en G24.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade