Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incencio calcina unha vivenda que unha parella acababa de mercar para restaurar na Baña

Un incencio calcina unha vivenda que unha parella acababa de mercar para restaurar na Baña

Segundo os veciños, o lume puido iniciarse nunha lareira onde fixeran fogueira os donos

A estrutura de madeira do teito favoreceu a rápida propagación das lapas

 

Estado en que quedou a vivenda tras o incendio
G24.gal 04/08/2026 13:12

A vivenda está situada no lugar de Menlle de Arriba, na parroquia de Troitosende. A tranquilidade desta pequena aldea do concello da Baña viuse alterada onte á tarde cando os veciños viron que saía moito fume da cheminea. Acudiron ver que pasaba e intentar axudarlles aos propietarios, pero o lume xa tiña tal dimensión que non podían sufocar as lapas polos seus medios e avisaron os bombeiros de Santa Comba.

Din que o incendio se orixinou no interior da casa, onde o dono prendera lume nunha lareira. Por algún defecto na cheminea, prendeu lume na estrutura de madeira do teito e as lapas propagáronse axiña.

Os veciños lamentan a mala sorte da parella propietaria da vivenda, porque acababan de adquirila para restaurala e residir nela.

Os bombeiros de Santa Comba precisaron pouco mais de media hora para controlar o incendio aínda que os traballos de extinción remataron contra as 7 da tarde. Por sorte, non houbo danos persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade