Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Aemet alerta do risco extremo de incendios forestais no interior peninsular

A Aemet alerta do risco extremo de incendios forestais no interior peninsular

A temporada de incendios de 2026 deixa cifras récord: España acumula xa case 174.000 hectáreas calcinadas e 35 grandes incendios forestais, moi por riba dos datos rexistrados no verán de 2025

A fin da emerxencia nacional en Madrid e Ávila despraza o foco dos incendios a Zamora e Castelló

A AEMET alerta ademais que o perigo é moi alto no resto da Península, así como nas illas Canarias máis montañosas

G24.gal 01/08/2026 15:21 Última actualización 01/08/2026 20:33

O panorama é desolador en moitos puntos de España.

A evolución do incendio forestal de Fermoselle, en Zamora, é máis favorable este sábado, grazas aos traballos desenvolvidos durante a noite, favorecidos por unha humidade próxima ao 80 por cento. O Goberno autonómico rebaixou o seu grao de peligrosidade, pero as previsións meteorolóxicas para a tarde volven ser "desfavorables" para os labores de extinción. 

 "Comezou en Fermoselle, foi moi rápido, isot vai ser moi complexo", di o xefe do operativo de bombeiros.

Os bombeiros traballaron durante a noite refrescando a superficie queimada no lume da Vall d'Uixó (Castellón), dado por estabilizado na tarde do venres. Deixa unhas 9.568 hectáreas queimadas.

"Pouco a pouco imos avanzando nas tarefas de extinción, pero xa hai moito cansazo nos equipos, levamos moitos días. Agora mesmo xa non hai frontes activas de lume, pero iso non significa que o lume está apagado. Temos moitísimos días de traballo por diante aínda traballando nas liñas de control", comenta Xevi Bolumar, xefe de Unidade do Servizo de Bombeiros da Comunidade Valenciana.

Os grandes incendios que afectaron as provincias de Ávila e de Madrid arrasaron dous dos espazos naturais de maior valor ecolóxico do centro peninsular: a Reserva Natural do Val de Iruelas e os Encinares e Concas dos ríos Alberche e Cofio, ambos integrados na Rede Natura 2000.

En todo o país xa se calcinaron máis de 173.000 hectáreas: case seis veces máis superficie queimada que hai un ano. España rexistra a peor temporada de incendios dos últimos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade