Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio de Baltar, con máis de 120 hectáreas queimadas

Controlado o incendio de Baltar, con máis de 120 hectáreas queimadas

Controlado o incendio de Carboentes en Rodeiro e estabilizado o lume de Arnegos tamén en Rodeiro

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal

Persoal das labores de extinción do incendio de Baltar. Foto: EFE/Brais Lorenzo.
G24.gal 09/08/2026 09:42 Última actualización 09/08/2026 23:28

No mediodía deste domingo quedou estabilizado o incendio que prendeu ás 12:21 horas deste sábado no concello ourensán de Baltar. O lume, que comezara  na parroquia de Garabelos do Bouzo, leva queimadas máis de 120 hectáreas,  as últimas estimacións provisionais da consellería de Medio Rural. Este incendio quedou estabilizado ás 13:41 horas deste domingo.

Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora,  3 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 9 avións.

O sol entre as árbores e o fume no incendio de Baltar. Foto: EFE/Brais Lorenzo.

Estabilizado o incendio de Arnego en Rodeiro

Ás 00:50 horas deste domingo quedou estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Arnego. Este lume comezou a arder este sábado ás 15,59 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais da consellería de Medio Rural afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas.

Para a súa extinción  están mobilizado,  polo momento, 13 axentes, 18 brigadas, 12 motobombas, 2 pa, 4 helicópteros e 4 avións.

Controlado incendio de Carboentes, en Rodeiro

Contra as 23 horas deste domingo quedou controlado o incendio que se iniciou este sábado ás 16:03 horas na parroquia de Carboentes, tamén no concello de Rodeiro.

Segundo as últimas estimacións provisionais de Medio Rural, este lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas.  Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 2 técnicos, 13 axentes, 19 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.

Recomendacións de Medio Rural

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia.

Lembra tamén Medio Rural que existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Incendio de Baltar, este sábado.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade