Catro persoas afectadas por inhalación de fume tras incendiarse un colchón nunha vivenda en Sada
Dúas delas foron atendidas no punto, mais non requiriron traslado
Un colchón nunha das vivendas dun edificio na rúa da Laguna, en Sada, comenzou arder este domingo sobre as 18:00, segundo alertaron diversos particulares ao 112 Galicia.
Nas escaleiras e no interior da vivenda había moito fume, e os afectados conseguiron sacar o colchón á rúa pola ventá.
Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Betanzos, Garda Civil e Policía Local e Servizo Municipal de Protección Civil de Sada.
Os bombeiros encargáronse de ventilar a vivenda e confirmaron que ardera tanto o colchón como diversos obxectos que estaban ao seu arredor.
Finalmente, catro persoas resultaron afectadas por inhalación de fume. Dúas delas tiveron que ser evacuadas ao hospital.