Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ultras do Deportivo e do Xénova protagonizan unha pelexa en Italia

Ultras do Deportivo e do Xénova protagonizan unha pelexa en Italia

De madrugada, armados con cascos e paus, os ultras de ambos os equipos enfrontáronse ante a mirada de veciños e turistas

Nun comunicado, o club expresou unha "firme" e "absoluta" condena ante calquera acto de "violencia, intimidación ou alteración da orde pública"

@Genova24IT
G24.gal 08/08/2026 19:40 Última actualización 08/08/2026 20:10

Afeccionados do Deportivo e o Xénova protagonizaron este sábado unha multitudinaria pelexa na Praza delle Erbe da cidade italiana, onde o equipo galego pechará esta noite a súa xira por terras italianas cun amigable ante o equipo local.

De madrugada, armados con cascos e paus, os ultras de ambos os equipos enfrontáronse ante a atenta mirada de veciños e turistas, segundo os vídeos aos que tivo acceso a Axencia Efe.

Este incidente prodúcese a tan só nove días de que o Dépor reciba ao Elxe no estadio coruñés de Riazor, no partido que supoñerá o seu regreso a Primeira División oito anos despois.

A esixencia de LaLiga en materia de seguridade obrigou ao club branquiazul a tomar unha serie de medidas para acceder á bancada Marathon Inferior, onde os abonados deben de ser identificados para retirar o seu carné "privado e intransferible", indica .

Pese ao malestar xerado por esta medida na Federación de Peñas, Riazor Blues e Old Faces, o club decidiu seguir adiante para cumprir coas esixencias da patronal de clubs, o que provocou que a última reunión entre Deportivo e Federación de Peñas terminase sen acordo. 

O Dépor condena os actos violentos rexistrados por supostos afeccionados en Xénova

O Deportivo expresou este sábado unha "firme" e "absoluta" condena ante calquera acto de "violencia, intimidación ou alteración da orde pública", despois dos incidentes protagonizados por afeccionados deportivistas e do Xénova.

O Dépor reaccionou así ás informacións difundidas nas últimas horas sobre os incidentes ocorridos en Xénova, nos que "se verían involucrados un grupo de individuos desprazados á cidade con motivo do encontro disputado polo RC Deportivo".

Este tipo de comportamentos, apunta a entidade branquiazul nun comunicado, non representan os valores do Deportivo nin ao deportivismo, e resultan "contrarios aos principios de respecto, convivencia e responsabilidade que esta institución defende dentro e fóra dos estadios".

O Dépor "atópase solicitando información sobre o sucedido e permanecerá en contacto coas autoridades e organismos competentes para colaborar en todo aquilo que poida contribuír ao esclarecemento dos feitos", puntualiza.

Engade que "en caso de confirmarse a participación de persoas vinculadas á contorna do RC Deportivo, o club valorará, no marco da legalidade e das súas competencias, a adopción das medidas que correspondan"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade