Vivimos máis lonxe... e chegamos máis tarde
O crecemento das cidades dispara os desprazamentos diarios
Cada vez vivimos máis lonxe do centro das cidades, e cada vez tardamos máis en chegar. Galicia medra cara ás aforas, e o tráfico non dá feito en cidades como é o caso da Coruña.
A avenida de Alfonso Molina, unha das principais vías de acceso á cidade e tamén un dos puntos onde máis se nota ese cambio: máis xente vivindo fóra e máis coches entrando cada mañá. En horas punta a velocidade pode caer ata os 15 quilómetros hora e o tempo de acceso chega a duplicarse. Pero isto non só pasa aquí, é unha tendencia que cada vez se repite máis noutras cidades galegas.
En Galicia os desprazamentos diarios aumentaron un vinte por cento na última década.
Os tempos de desprazamento aumentaron entre 5 e 12 minutos nas entradas das cidades. O que parece pequeno no reloxo é moito cando sumas día a día.
Aínda que moitos dos que viven dentro da cidade tamén recoñecen que o desprazamento segue condicionando o seu día a día porque entre esperar un autobús e buscar aparcamento, poden perder preto dunha hora ao día.