Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas dúas persoas que se dedicaban á venda de droga nun piso no centro de Vilagarcía

Detidas dúas persoas que se dedicaban á venda de droga nun piso no centro de Vilagarcía

A situación afectaba as áreas comúns do edificio, con episodios de consumo en escaleira, portais e zonas adxacentes

Cartos e material comisado. Policía Nacional. Cartos e material comisado. Policía Nacional.
G24.gal 28/09/2026 15:17

Axentes da Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa levaron a cabo unha operación policial para desarticular un punto negro de venda de droga nun inmoble da Avenida de Matosiños, que culminou coa detención de dúas persoas acusados de tráfico de drogas, receptación e defraudación de fluído eléctrico.

A investigación policial iniciouse e desenvolveu a partir de distintas informacións cidadás acerca da "constante trasfega de persoas vinculadas ao consumo de substancias estupefacientes" cara a un inmoble da avenida de Matosiños. Ademais da vivenda, a situación afectaba as áreas comúns do edificio, con episodios de consumo en escaleira, portais e zonas adxacentes.

A situación fora posta en coñecemento tanto da Policía Local e Policía Nacional como dos responsables municipais, e, por mor diso, desenvolveuse "un labor coordinado entre os distintos servizos" para abordar o problema desde o ámbito da seguridade cidadá.

Interviñéronse substancias estupefacientes, cartos e diverso material

Durante o rexistro practicado no domicilio interviñéronse distintas substancias estupefacientes, así como unha zona habilitada para a preparación e elaboración de dose, útiles destinados á pesada e distribución das substancias e outros elementos relacionados coa súa actividade de distribución. Os axentes localizaron numerosos efectos que poderían proceder doutros ilícitos penais, entre eles patinetes eléctricos, bicicletas, computadores portátiles, televisores, tabletas e teléfonos móbiles.

No interior do inmoble foi localizada igualmente unha caixa forte que contiña "unha importante cantidade de diñeiro en efectivo".

Os dous moradores do inmoble foron detidos como presuntos responsables de distintas actividades delituosas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade