Cargando resultados...
Identificado o condutor que fuxiu en Boiro logo dun atropelo
Acudiu a un taller dando unha explicación falsa sobre a orixe dos danos
A persoa atropelada tivo que ser trasladada ao CHUS
G24.gal
28/09/2026 16:20
A Policía Local de Boiro xa identificou o condutor que fuxiu tras atropelar unha persoa nunha rúa da vila. O condutor acudiu esta mesma mañá a un taller de Ribeira para que lle arranxaran os danos no coche dando unha explicación falsa de como se orixinaran no vehículo.
A vítima tivo que ser trasladada ao CHUS ante a gravidade das feridas. Dende o centro hospitalario informan de que a vida da vítima non corre perigo.
Os veciños escoitaron o ruído do golpe e os lamentos do ferido, pero nin tempo lle deu a ninguén a ver o coche que protagonizou o atropelo porque o condutor fuxiu.