Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Falece un home tras ser atropelado en Cee

O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da VG-1.4

O persoal sanitario desprazado ata o lougar só puido confirmar o falecemento do home

G24.gal 24/09/2026 08:46

Un home faleceu este xoves pola mañá ao ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía.

Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima atopábase tendida na estrada e precisaba asistencia sanitaria urxente.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil.

Ao chegar ao lugar, o persoal sanitario desprazado só puido confirmar o falecemento do home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade