Prisión para os cinco detidos polo veleiro interceptado con 2,5 toneladas de cocaína
Catro son os tripulantes da embarcación mentres que se cre que o quinto dirixía a rede desde Cataluña
A Audiencia Nacional enviou a prisión os cinco detidos en relación co narcoveleiro interceptado a semana pasada con dúas toneladas e media de cocaína a bordo. Os cinco están investigados por un delito de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal.
Catro deles eran os tripulantes da embarcación mentres que se cre que o quinto dirixía a rede desde Cataluña. Supostamente, exercían de transportistas a soldo das bandas de narcotraficantes do leste de Europa.
O veleiro foi interceptado a 400 millas da costa galega. O alixo foi pesado ao chegar ao porto de Vigo. Eran 74 fardos, uns dous mil cincocentos quilos de cocaína que poderían acadar non mercado un valor de 20 millóns de euros.
A operación, denominada Doncella e coordinada por Vixilancia Aduaneira, segue aberta e podería haber unha nova detención.