Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega a Vigo o veleiro apresado pola Axencia Tributaria con máis de 2.000 quilos de cocaína

Chega a Vigo o veleiro apresado pola Axencia Tributaria con máis de 2.000 quilos de cocaína

A embarcación con bandeira polaca foi localizada polo buque de operacións especiais Petrel I do Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria

Catro persoas de diferentes nacionalidades aínda sen confirmar foron detidos e trasladados a terra xunto coa droga e serán postos este luns mesmo á disposición xudicial

directo
G24.gal 21/09/2026 08:08 Última actualización 21/09/2026 10:08

A Axencia Tributaria interveu máis de 2.000 quilos de cocaína a bordo dun veleiro a 400 millas das costas galegas que foi remolcadado ata o Porto de Vigo. A embarcación con bandeira polaca foi localizada polo buque de operacións especiais Petrel I do Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, que informou da operación.

Catro persoas de diferentes nacionalidades aínda sen confirmar foron detidos e trasladados a terra xunto coa droga e serán postos este luns mesmo á disposición xudicial.

A operación está considerada unha das máis importantes desenvolvidas no último ano por Vixilancia Aduaneira en solitario, tanto pola cantidade de droga intervida como polas circunstancias da localización do veleiro.

Polo momento, non transcenderon detalles da investigación, que partiría de Cataluña e que permitiu localizar a embarcación cando navegaba por augas do Atlántico. O delegado especial da Axencia Tributaria en Galicia, Miguel Cárcaba, e responsables operativos explicarán ao longo da mañá os detalles da operación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade