Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desesperados pola trasfega de toxicómanos nun narcopiso na Agra da Bragua na Coruña

Desesperados pola trasfega de toxicómanos nun narcopiso na Agra da Bragua na Coruña

Os veciños aseguran que moitos mesmo se pican no inmoble ou fan as súas necesidades polas escaleiras

G24.gal 25/09/2026 14:38

Abondan uns minutos fronte ao número 11 da rúa Agra da Bragua para comprobar a dimensión do problema que denuncian os veciños. Relatan desesperados que no primeiro andar hai un narcopiso que xera unha trasfega de toxicómanos que acoden a mercar droga. Aseguran que o dono da vivenda estivo no cárcere e, desde que saíu, comezaron os problemas. Denuncian que a convivencia se tornou insoportable no edificio.

Pero os problemas non se reducen nin afectan só aos veciños desta comunidade. No barrio tamén padecen as consecuencias da existencia deste punto de venda de droga. Onte mesmo a Policía Nacional detivo dous homes na vivenda sinalada como narcopiso tras perpetraren un roubo con forza nun supermercado próximo.

Os veciños agradecen a constante presenza policial, pero din que o efecto disuasorio é momentáneo e non soluciona o problema.

Desde a comunidade de veciños do edificio están intentando organizarse para buscar solucións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade