Sito Miñanco, o histórico narco, cando acaba de facer os 71 anos e suma 30 no cárcere
A condena a 17 anos de cárcere a Sito Miñanco fará que o narcotráfico de Cambados pase máis tempo na cadea que fóra dela
Sito Miñanco está entre os 23 condenados que irán a prisión por liderar, segundo a Audiencia Nacional, a operativa da "Operación Mito". O que fora o seu avogado ata 2018, valoraba así a sentenza.
"Para min ten por diante un recurso que se pode facer moi ben dende o punto de vista técnico pero hai unha cousa que él manifestou no xuízo sobre todo no deerito á última palabra, que él sentíuse indefendido".
Gonzalo Boye tamén estaba entre os acusados aínda que finalmente foi absolto das imputacións de branqueo de diñeiro e falsidade documental por considerar que formaba parte desta organización criminal que finalmente o propio Tribunal desacreditou. O Ministerio Fiscal pedía para el nove anos e nove meses de cadea para o coñecido avogado de Carles Puigdemont.
"Non é alleo a isto, que se buscase este tema. De feito, entre o ano 2019 e o ano 2023 abríronme sete causas distintas que quedaron arquivadas e esta absolta".
A sentenza, nin para Sito Miñanco nin para Gonzalo Boye é firme, polo que cabe a posibilidade de recurso.