Cargando resultados...
Detido un home de 74 anos por cinco incendios forestais en Trasmiras
Os cinco incendios polos que foi arrestados rexistráronse todos na mesma madrugada
A superficie queimada é de sete hectáreas
Europa Press
G24.gal
25/09/2026 15:35
A Garda Civil detivo un home de 74 anos como presunto autor de cinco incendios forestais no municipio ourensán de Trasmiras, os cales queimaron sete hectáreas.
O Equipo de investigación de incendios da Garda Civil detivo o 24 de setembro a este veciño de Calvos de Randín. Os cinco incendios no termo municipal de Trasmiras tiveron lugar durante a madrugada do día 24.