Publicador de contidos

Publicador de contidos

Picos de consumo non rexistrados poñen en risco o abastecemento de auga de Esgos

Picos de consumo non rexistrados poñen en risco o abastecemento de auga de Esgos

Este verán, o depósito amenceu baleiro varios días sen que se xustifique polo consumo dos contadores 

O Concello pide a colaboración veciñal para dar con posibles fugas ou usos indebidos 

Podería chegar a haber restricións porque coa seca resulta máis difícil manter os niveis operativos no depósito

G24.gal 25/09/2026 15:12

O depósito de auga que abastece o núcleo de Esgos ten capacidade para uns 230.000 litros de auga. É máis ca dabondo para abastecer o consumo doméstico, malia que a poboación local se duplica cada verán.

Pero este mes de agosto empezaron a fallar as contas e houbo varias fins de semana que quedaron sen auga nas casas da zona máis alta. Carlos Godoy, o responsable do servizo municipal, di que atoparon o depósito baleiro ata en tres ocasións. 

"Non nos coinciden os litros que entran e saen do depósito cos consumos domiciliarios", asegura.  

Os responsables da traída están rastrexando a rede e poñendo contadores por treitos para detectar por onde se vai a auga. Pero, amais do rastrexo, desde o Concello piden a maiores a colaboración veciñal para desvelar o misterio antes de que a fuga e a seca obriguen a cortar a subministración. 

 "Pedimos colaboracións porque os veciños as veces ven as cousas mellor ca nós", din. 

Coa seca, cada vez é máis difícil manter un nivel óptimo de auga nos depósitos Coa seca, cada vez é máis difícil manter un nivel óptimo de auga nos depósitos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade