Publicador de contidos

Publicador de contidos

A seca obriga Sober a abastecer de auga núcleos rurais cunha cisterna municipal

A seca obriga Sober a abastecer de auga núcleos rurais cunha cisterna municipal

En declaracións, o alcalde da localidade, Luis Fernández Guitián sinala que, tendo en conta a falta de auga, hai veciños do municipio que optaron por facer "pozos de barrena" para garantir a subministración nas súas vivendas

G24.gal 03/11/2026 12:11

A ausencia prolongada de precipitacións na zona sur da provincia de Lugo está a provocar xa problemas de abastecemento en núcleos rurais do municipio de Sober, naqueles aos que non chega a traída municipal, polo que o Concello lles está a subministrar auga cunha cisterna municipal.

En declaracións, o alcalde da localidade, Luis Fernández Guitián, dixo que a situación é complicada, porque no municipio non lembran "un ano coma este", marcado pola ausencia de choivas cando xa estamos a principios do mes de novembro.

"Polo momento non temos problemas na traída municipal, que abastece un 70 % da poboación do concello, que non do territorio", precisou, pero a escaseza de auga xa se deixa sentir en varias aldeas e vivendas particulares situadas na zona rural.

"O problema está nas traídas veciñais", porque algunhas xa non son capaces de abastecer todas as casas dos núcleos de poboación para os que foron construídas. De feito, tendo en conta a falta de auga, hai veciños do municipio que optaron por facer "pozos de barrena" para garantir a subministración nas súas vivendas.

Neste momento, o Concello de Sober está a levar auga de forma regular cunha cisterna municipal "a catro ou cinco núcleos de poboación" de "cinco ou seis casas", ademais de a "cinco ou seis vivendas particulares", detallou o alcalde.

Neses lugares, os veciños contan con depósitos que se enchen con auga da traída municipal, unha solución temporal para garantir o abastecemento á espera de que chegue a agardada choiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade