Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desactivan a situación 2 no incendio de Calvos de Randín, que xa queimou 460 hectáreas

Desactivan a situación 2 no incendio de Calvos de Randín, que xa queimou 460 hectáreas

Está activo o incendio que esta madrugada se iniciou en Manzaneda, na parroquia de Reigada

G24.gal 25/09/2026 14:53 Última actualización 25/09/2026 15:09

O incendio forestal declarado no concello de Calvos de Randín este xoves permanece activo e son xa 460 hectáreas as afectadas, segundo as estimacións provisionais trasladadas pola Consellería do Medio Rural.

Este mediodía as autoridades desactivaban a Situación 2 de alerta, que se activara pola proximidade do incendio ao nucelo de As Meaus, no veciño de Baltar.

Para a extinción do lume mobilizáronse ata o de agora (medios acumulados) 6 técnicos, 37 axentes, 39 brigadas, 24 motobombas, 5 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 5 helicópteros e 11 avións.

Por outra banda, segue activo o incendio que se iniciou na madrugada deste venres no concello ourensán de Manzaneda, na parroquia de Reigada, cunha superficie afectada de máis de 20 hectáreas.

Finalmente, fontes da Consellería do Medio Rural confirmaron que segue controlado o incendio declarado o pasado 15 de setembro na parroquia de Pacios dá Serra, en Quiroga. As dificultades de acceso están a retardar a extinción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade