Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activo un incendio forestal no concello de Baltar que xa queimou máis de 95 hectáreas

Activo un incendio forestal no concello de Baltar que xa queimou máis de 95 hectáreas

O lume iniciouse ás 12:21 horas deste sábado na parroquia de Garabelos do Bouzo

Este sábado pola tarde comezaron arder outros dous lumes forestais: un deles no lugar de Vilarello (Dozón) e o outro no lugar de Neiras, no concello de Sober

Controlado un incendio forestal no Porriño con 1,3 hectáreas afectadas

Imaxe do incendio de Baltar publicada nas redes sociais da Brif de Laza
G24.gal 08/08/2026 14:57 Última actualización 08/08/2026 18:16

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo a primeira hora da tarde deste sábado, que se rexistra non concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo.

Comezou a arder contra as 12,21 horas deste sábado. Segundo as últimas estimacións provisionais da Xunta de Galicia, afecta unha superficie de máis de 95 hectáreas.

Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 5 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 6 avións. 

De momento non hai perigo para nucleos de poboación.

O alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo, dixo estar preocupado pola dispoñibilidade de auga na zona para apagar os incendios, debido a seca deste verán.

Imaxe do incendio de Baltar este sábado ás 12:40 horas. Imaxe publicada en X por @lumesgal Imaxe do incendio de Baltar este sábado ás 12:40 horas. Imaxe publicada en X por @lumesgal

Outros dous lumes activos en Galicia, en Rodeiro e en Sober

Este sábado pola tarde comezaron arder outros dous lumes forestais. Un deles no lugar de Arnegos, no concello de Rodeiro. Segundo informou a consellería de Medio Rural este incendio prendeu contra as 15:95 horas. Ata alí desprazáronse tres axentes, oito brigadas, catro motobombas, dúas pas, dous helicópteros e dous avións. 

De momento non se dispoñen das hectáreas afectadas polo lume.

Outro lume prendeu este sábado pola tarade no lugar de Neiras, no concello de Sober. Ata alí desprazouse a Breigada helitransportada Becerreá e a Formación ACT Doade.

De momento, non se coñece a superficie afectada.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía ou número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria dá que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. 

Imaxe do incendio de Baltar este sábado ás 12:40 horas. Imaxe publicada en X por @lumesgal Imaxe do incendio de Baltar este sábado ás 12:40 horas. Imaxe publicada en X por @lumesgal
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade