Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o incendio forestal de Forcarei tras arrasar 34 hectáreas

Extinguido o incendio forestal de Forcarei tras arrasar 34 hectáreas

Da superficie queimada 33 hectáreas son de monte raso e unha de arborado 

G24.gal 18/10/2026 09:23

A Consellería do Medio Rural informa que o incendio rexistrado non concello pontevedrés de Forcarei, parroquia de San Miguel de Presqueiras, quedou extinguido onte ás 22,44 horas.

Este lume iniciouse ás 05,58 horas deste sábado e finalmente afectou unha superficie de 34 hectáreas, das cales 33 son monte raso e 1 de arborado. Para a súa extinción mobilizáronse en total 1  técnico, 8 axentes, 14 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 1 avión e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 e a aplicación móbil ALume para avisar en caso de incendio forestal, así como outro teléfono (900 815 085) para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña coñecemento ou sospeita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar