Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio destrúe parte dunha vivenda en Trives

Un incendio destrúe parte dunha vivenda en Trives

G24.gal 18/10/2026 03:40

Un incendio destruiu parte dunha vivenda no concello ourensán da Pobra de Trives. O lume, que se iniciou pasadas as 22:00 horas, afectoulle a unha casa situada no lugar de Monteboi. As primeiras hipóteses apuntan a que se debeu a un curtocircuito. A familia avisou rapidamente ós servizos de emerxencias, que se trasladaron ao lugar e apagaron as lapas.

O lume, non obstante, provocou importantes danos.  De feito, o tellado acabou caendo, segundo confirmou na Radio Galega o edil de Trives, Javier Rodríguez.

A familia damnificada vive en Ourense pero fora pasar a fin de semana a esa segunda residencia. Finalmente, pasaron a noite na casa duns parentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos