Publicador de contidos

Publicador de contidos

A carreira inclusiva Enki reúne na Coruña 17.000 participantes solidarios

A carreira inclusiva Enki reúne na Coruña 17.000 participantes solidarios

A proba quere visibilizar os colectivos e as persoas con diversidade funcional e impulsar a inclusión 

G24.gal 17/10/2026 21:19

É a carreira máis multitudinaria de Galicia. 17.000 persoas solidarias e diversas tomaron a saída na décimo oitava edición da carreira Enki.

"É unha carreira na que tes que ir superando varios obstáculos", "pasas por escuma, bótanche fariña...", explican dúas nenas que xa correron en anos anteriores.

Superaron un total de vintetrés obstáculos nun circuíto pensado para todos os niveis e capacidades que comezou coa música atronadora dos Kilomberos de Monte Alto e con esta molladura, cortesía dos bombeiros. Diversión inclusiva para visibilizar os colectivos e as persoas con diversidade funcional.

"Podemos compartilo cos nosos fillos, aquí somos un máis", comenta a nai dun usuario de Aspronaga.

"Deume un ictus hai cinco meses. Estou na asociación Adaceco e quixen apuntarme para pasalo ben", conta Amparo, que participa por primeira vez en Enki.

A carreira con máis participación de Galicia e tamén unha pasarela de disfraces, unha cita deportiva, pero non competitiva que sempre remata en festa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade