Dobre cita para os afeccionados ás motos na provincia de Pontevedra
O presidente da Xunta fixo parte do percorrido tanto na ruta solidaria organizada pola Garda Civil coma na tradicional concentración de Sanxenxo
Os afeccionados ás dúas rodas teñen este sábado dúas citas importantes na provincia de Pontevedra: unha é a ruta solidaria que organiza a Garda Civil para recadar fondos para enfermos de Alzhéimer e a XXXVIII Concentración Internacional Mototurística Rías Baixas en Sanxenxo. Nas dúas participou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, facendo parte do percorrido.
A Garda Civil de Pontevedra convocou para este 12 de setembro a primeira ruta moteira solidaria en favor de Afapo (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer) con saídas simultáneas dende Tui, O Porriño, Poio, Cambados e Lalín. Cada participante pagou 12 euros pola inscripción para colaborar na causa solidaria e a meta foi na zona da Seca, en Poio, onde compartiron celebarción de peche.
E Sanxenxo acolleu un ano máis a Concentración Motorurístisca das Rías Baixas, que reúne durante toda a fin de semana na localidade afeccionados de España, Portugal e Francia. Para eles hai un amplo programa de actividades ata o domingo, con mercadiños moteiros e concertos.